mércores, 15 de xuño de 2022

DIGICRAFT, DOMÓTICA.

Este ano durante todo o curso traballamos neste proxecto de Fundación Vodafone. Os profes recibiron formación que nos trasladaron. O resultado foi unha feira de atraccións na que nós tiñamos que unir o noso ordenador co aparello que creamos. Todo o cole e os pais e as nais pasaron a ver o resultado. 
O traballo tiña moito que ver co traballo de reciclaxe e salvar os nosos ecosistemas que traballamos no cole.









xoves, 27 de xaneiro de 2022

CONFERENCIA SEMANA DA CIENCIA

 Esta é o traballo que fixemos sobre o Cambio Climático na clase de 5º para a Semana da Ciencia en galego. Esperamos que vos guste.



REDUCIR A NOSA PEGADA DE CARBONO

 Con este xogo que fixemos na clase aprenderedes algunha cousa máis sobre a Pegada de Carbono e o ambio climático. É un xogo de preguntas para conseguir unha contrasinal, os números ides coñecendo a medida que respondades ás preguntas. Boa sorte.



mércores, 13 de maio de 2020

Bo día familias,
dende Dinamización querémosvos invitar a participar no noso concurso de cómic/banda deseñada.
O formato; a cantidade de follas (de unha a...),será a que vós queirades; a temática tamén, coma por exemplo: os vosos peques pódense converter nos heroes e heroínas que se enfrontan e gañan ao Covid, ou as estrelas do seu equipo de fútbol, participantes da orquestra sinfónica, extraterrestres, princesas e cabaleiros...o único requisito é que ten que ser n galego. Xa que se fai con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano dedícase a Ricardo Carballo Calero.
Tedes todo o mes de maio para realizalos. Conforme estén feitos enviádelos ao voso titor-a e os dous mellores de cada clase terán como agasallo un cómic en galego.
Animádevos e sorte!

luns, 30 de marzo de 2020

Bo día,
dende o centro estanse a propoñer diversas actividades e/ou retos a realizar de maneira conxunta por todo o alumnado, dende a E.I. ata a Educación Primaria.
Unha de estas actividades é a de aprender a canción de Rozalén con Estopa: "Vivir"
https://youtu.be/iqHb7Wan98E
 para que, unha vez todos xuntos no colexio, a cantemos  para recordarnos a importancia de estes días que estamos, por desgracia, a vivir. Aprendendo a valorar o día a día e as nosos seres queridos.

Tamén nos  gustaría que, os que así o queiran, os fagades fotos realizando as tarefas do voso día a día, facendo os exercicios, a cama, poñendo a mesa, fregando...
Farase un vídeo cunha recompilación delas.

Por outra banda, podedes visitar a páxina da profe de Educación Física, Isabel:
efpazosdereis.blospot.com
onde vos reta a facer diferentes bailes... e onde haberá premios á volta. Investigade!

Este venres enviareivos, de maneira individual, as notas vía WhatsApp.

Moito ánimo.

venres, 27 de marzo de 2020

Bo día familias,
espero que todos vós esteades ben. Como a situación vaise prorrogar máis do previsto, engadirei un par de actividades máis a facer.

Unha de elas enviounas o teacher, aquí tedes a ligazón:
https://www.eslgamesplus.com/
https://www.gamestolearnenglis.com/

E a outra actividade vai de escribir un pouco fomentando a nosa imaxinación, trátase dun reto da escritura, cada nena e neno terá que escribir unha redacción sobre cada un de estes temas:
- Asomeime á ventá e vin...
- Entre as flores do xardín atopei un trasno e díxome que...
- Escribo as cousas e actividades que máis me gustaron facer nas últimas semanas.

Non vos esquezades de estudar os temas dados, que o tempo pasa moi rápido. En sucesivos días, se así o vexo conveniente engadirei máis actividades.

Cos mellores desexos.

venres, 13 de marzo de 2020

Tarefas



Bo día familias,
a causa dos últimos acontecementos e con motivo do peche das aulas, dende o curso de 5º de primaria recoméndovos que os nenos e nenas realicen en casa, na medida do posible, as actividades aquí subidas. Trátase de actividades de reforzo.
Podedes descargalas no seguinte enlace:
tarefas5ºprimaria